O siguiente proxecto que imos a realizar chámase separación de pigmentos vexetais por cromatografía en papel. Este experiemento consiste en separar os elementos que lle dan esa cor característica as follas, diferenciandoo entre a clorofila que se superpón á xantofila e non deixa que se vexa, que lle da a cor verde, e a xantofila, que lle dá a cor amarela no outono as follas, cando a clorofila é menos abundante, polo que se ve a xantofila.
O primeiro paso consiste en esmagar unha folla nun morteiro con alcohol.
A continuación fíltrase o líquido obtido do proceso, a substancia obtida contén a cor tamén característica da folla.
Acto seguido introdúcese un papel en blanco, mellor dunha textura determinada para que non se desfaga tan fácil, e esperase unha media hora aproximadamente, ata que se vexa que se van separando as cores no papel.
O resultado obtido é un papel con tres cores diferentes, a verde é a clorofila, a amarela é a xantofila, e a última cor, a marrón é o caroteno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario