Cuaderno de prácticas

Neste blog subiranse durante todo o curso académico de 2014-2015 as diferentes prácticas que se farán no laboratorio dentro da materia de bioloxía e xeoloxía de 1º de Bac.

3. REINO PLANTAS

3.1. OBSERVACIÓN MICROSCÓPICA DE TECIDOS VEXETAIS

  • Epiderme vexetal: con estomas e tricomas
  • Tecido parenquimático aerífero
  • Tecido conductor (xilema)

3.2. DIVISIÓN BRIÓFITAS: Observación microscópica de fungos
3.3. DIVISIÓN PTERIDIÓFITAS: Observación microscópica dun fento
3.4. DIVISIÓN ESPERMAFITAS:

  • Ximnosperma
  • Anxiosperma 

Observación microscópica de tecidos vexetais

Os tecidos vexetais caracterízanse por carecer de substancia intercelular e clasifícanse atendendo as súas funcións.
Neste caso observaremos tecido epidérmico protector, que recobre a superficie da planta e a protexe.
Para obter este tecido superficial de planta compre "despegar" a última capa que a recobre. Este proceso será máis doado se a planta "pela" con facilidade.







Formando parte do tecido epidérmico vexetal podemos atopar outras estructuras chamadas tricomas, que son como peliños que ao atoparse nas raíces facilitan a absorción de auga e sales minerais, e de atoparse nos talos e follas teñen función protectora por exemplo contra o ataque de animais.




Observación microscópica de tecidos vexetais

Tecido parenquimático: está presente en todos os órganos vexetais e serve de recheo e unicón entre uns tecidos e outros. Está formado maiormente por grandes vacúolos.



Outros tipos de tecido parenquimático:
  • Parénquima clorofílico: posúe numerosos cloroplastos que realizan a fotosíntesis
  • Parénquima de reserva: almacen de diferentes substancias como almidón, graxas....

Observación microscópica de tecido vexetal

Tecido conductor: Xilema

Para obter unha imaxe deste tecido colleremos un "fío" do talo dun vexetal como pode ser unha verza e machacarémolo para desfacer o tecido que recobre o xilema e así poder visualizalo a microscopio óptico. Recoñecerémolo por ter unha forma similar á dun muelle.




División Briófitas

As plantas briófitas viven no medio terrestre pero necesitan moita humidade para completar o seu ciclo vital.
Teñen un ciclo diplohaplonte con alternancia de dúas xeracións adultas. Das dúas a máis aparente é o gametofito, que está constituída por unha plantiña en cuxos extremos podemos atopar:

  • Arquegonios (gametanxios femininos) forman 1 gameto: oosfera
  • Anteridios (gametanxios masculinos) forman gametos: anterozoides
O cigoto diploide, resultante da fecundación, xermina e desenvolve o esporofito en cuxo extremo se diferencia unha cápsula (onde se forman as esporas haploides por meiose) é o esporanxio.
As esporas ó xerminar forman unha estructura que se fixa no substrato e desenvolve o gametofito.





División pteridófitas




Ciclo biolóxico dos fentos

Os fentos son plantas que están mellor adaptadas ó medio terrestre cós fungos, presentan verdadeiros vasos condutores e verdadeiros órganos, o que lles permite medrar máis.
Pero aínda precisan de auga pra a fecundación por iso habitan lugares húmidos.
Posúen un ciclo vital diplohaplonte no que predomina o esporofito, que é a planta observdada. Constituída por un talo horizontal suberráneo de tipo rizoma do que nacen cara abaixo umerosas raíces e cara arriba numerosas follas (frondes). 
Ao comezar o verán aparecen no envés das frondes os soros: agrupacións de esporanxios nos que, por meiose, se forman numerosas esporas haploides. A xerminación das esporas orixina os gametofitos. Na cara inferior do gametofito desenvólvense os órganos exuais ou gaemtanxios (anteririos ou arquegonios) ambos na mesma planta. Os anteridios conteñen gran cantidade de anterozoides e os arquegonios conteñen unha soa ovosfera. Ó mollarse o gametofito os anterozoides nadan cara o arquegonio, penetran no seu interior e fecundan a oosfera. Daquela fórmanse un cigoto diploide que , por mitoses sucesivas, orixina un novo esporofito, volvendo a iniciar o proceso.



División: espermafitas                    Tipo: ximnosperma (con flores pero sen froitos)






División: espermafitas  Tipo: anxiosperma (con flores e froitos)

As plantas anxiospermas presentan os seus órganos sexuais agrupados en flores.

1. Morfoloxía da flor. Polinización entomófila.


División: espermafitas de tipo anxiosperma

Froitos carnosos


Drupa

Baga

Hesperidio

Eterio

Pomo

Peponide







Froitos secos



Núcula
Aquenio

Silicua

Legume

Càpsula

Polifolículo

Sámara


Cariópside

Cariópside

Cipsela









No hay comentarios:

Publicar un comentario